Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 2 de outubro de 2015 Páx. 38657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións, Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, das obras de construción dun novo edificio xudicial de Pontevedra, polo procedemento aberto, adxudicación baseada en multicriterios e tramitación ordinaria.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica. Subdireción Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono. Información de índole técnica: 981 54 47 32 e 981 54 12 22 e información de índole administrativa: 981 54 45 17 e 981 54 42 59.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correo electrónico: natalia.lobato.mosquera@xunta.es ou manuel.perez.gonzalez@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23442

8º. Data límite da obtención de documentación e información: ás 14.00 horas do día 9 de novembro de 2015.

d) Número do expediente: 2015-OBRNSE 01-MP.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición: obras de construción do novo edificio xudicial de Pontevedra.

c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non.

d) Lugar de execución:

1º. Domicilio: inmoble da unidade de actuación número 24 do PXOU A Parda. Rúa Francisco Tomás y Valiente, s/n.

2º. Localidade e código postal: Pontevedra 36004.

e) Prazo de execución: 24 meses contados desde o día seguinte ao da data da acta de comprobación do replanteo.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 45000000-7 e outros máis. Véxase cláusula 2.1.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 18.181.497,97 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 16.528.634,52 €. Importe total: 19.999.647,77 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE incluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo C. Subgrupo: 2 e 9. Categoría: f.

b) Solvencia económica e financeira para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 5.3.2, letra c).

Solvencia técnica e profesional para empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 5.3.2, letra d).

8.- Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 9 de novembro de 2015, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e de Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: sala «D» do Complexo Administrativo San Caetano. Edificio da Pirámide.

b) Dirección: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: o primeiro acto público, apertura do sobre 2 «Documentación técnica e de criterios de adxudicación non avaliables automáticamente», terá lugar ás 12.00 horas, o día 19 de novembro de 2015. O lugar, o día e a hora da apertura do sobre 3, «Proposición económica e criterios de adxudicación avaliables de forma automática», indicaranse oportunamente no perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó «Diario Oficial de la Unión Europea»: 1 de outubro de 2015.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2015

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza