Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 28 de setembro de 2015 Páx. 37915

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (88/2012).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 88/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundacion Laboral de la Construcción contra Albañilería Construcción do Noroeste, S.L., se ditou sentenza, cuxa resolución di literalmente:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción contra Albañilería Construcción do Noroeste, S.L., debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á demandante a suma de 269,94 euros, así como ao pagamento dos honorarios do letrado da parte demandante, ata o límite máximo de 600 euros.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela non cabe recurso (artigo 191.2 da LRXS)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Albañilería Construcción do Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2015

A secretaria xudicial