Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 28 de setembro de 2015 Páx. 37916

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (48/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos de execución de títulos non xudiciais 48/2014 seguidos neste xulgado, sobre reclamación de cantidade, por instancia de Emma López Balseiro, contra Ignacio Gago Hijos, S.L., en reclamación de 6.337,16 euros de principal, máis 634,72 euros que se calculan para xuros, gastos e custas, se acordou, por resolución do día da data, sacar a pública poxa polo prazo de vinte días os bens embargados á parte executada, que logo se indicarán, e sinalar para a celebración da poxa o día 16 de novembro de 2015, ás 13.30 horas, na planta 2ª do edificio dos xulgados, sito na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, desta cidade de Santiago de Compostela, que se rexerá polas seguintes condicións:

A) Que os licitadores, coa excepción do executante, para tomaren parte na poxa deberán presentar xustificante acreditativo de ter depositado, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, referencia número 5076-0000-64-0048-14, no Banco Santander, o 5 % do valor dos predios para os efectos de poxa. Unha vez aprobado o remate, devolveránselles as cantidades a aqueles que participen na poxa, excepto ao mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do xulgado para o caso en que o rematante non consigne o resto do prezo. Así mesmo, deberán consignar no dito xustificante se, de ser o caso, recibiu en todo ou en parte cantidades dun terceiro.

B) Que se poderán facer ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, facéndose o depósito a que se fixo mención anteriormente, cuxos sobres serán abertos ao inicio da poxa e producirán os mesmos efectos que as que se realicen oralmente.

C) O executante só poderá tomar parte na poxa cando existan licitadores e poderá mellorar as ofertas que se fagan, sen necesidade de consignar cantidade ningunha.

D) Que se poderán facer ofertas superiores ao 70 % do valor dos inmobles para os efectos de poxa, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

E) Para o caso de que se fagan ofertas que non superen o 50 % do valor de taxación ou que non cubran, polo menos, a cantidade pola cal se despachase execución, incluíndo a previsión para xuros e custas, resolverase sobre a aprobación do remate á vista das circunstancias do caso.

F) Só a adquisición ou adxudicación practicada en favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios poderá efectuarse en calidade de ceder a terceiro.

G) A certificación rexistral e, de ser o caso, a titulación do ben que se poxa estarán de manifesto na secretaría deste xulgado.

H) Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación existente ou que non existan títulos.

I) As cargas ou gravames anteriores, se os houber, ao crédito do actor continuarán subsistentes e, polo mero feito de participar na poxa, o licitador admíteos e queda subrogado na responsabilidade derivada daqueles, se o remate se adxudicar ao seu favor.

J) O presente edicto está exposto no taboleiro de anuncios deste xulgado, publicarase no Diario Oficial de Galicia e no portal de poxas xudiciais e electrónicas existentes e dependente do Ministerio de Xustiza.

O presente edicto servirá, ademais de para os efectos de publicación, de notificación e citación ás partes para todos os efectos.

Bens obxecto de poxa.

1º. Predio número 33.543, inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira, coa seguinte descrición: Local número 89. Local situado na planta de soto -1, destinado a unha praza de garaxe sinalada co número tres, dun edificio en construción, sobre a parcela 3B do proxecto de equidistribución do polígono único do sector S-14 Travesía do Porto Norte do Plan xeral de ordenación municipal de Ames (rúa Agro da Vella, 3-4), sito no lugar do Milladoiro. Ten unha superficie útil aproximada de doce metros con quince decímetros cadrados. Linda, segundo se entra nela: fronte, zona de rodadura e manobra; fondo, muro de peche do edificio; dereita, praza de garaxe 4; e esquerda, praza de garaxe 2.

Taxación para poxa: 7.810,10 euros.

2º. Predio número 33.567, inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira, coa seguinte descrición: local número cento un. Local situado na planta de soto -1, destinado a unha praza de garaxe sinalada co numero corenta e un, dun edificio en construción, sobre a parcela 3B do proxecto de equidistribución do polígono municipal de Ames, (rúa Agro da Vella, 3-4), sito no lugar do Milladoiro. Ten unha superficie útil aproximada de once metros con noventa e dous decímetros cadrados. Linda, segundo se entra nela: fronte, zona de rodadura e manobra; fondo, muro de peche do edificio; dereita, praza de garaxe 40; e esquerda, praza de garaxe 42.

Taxación para poxa: 7.156,80 euros.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2015

A secretaria