Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 28 de setembro de 2015 Páx. 37913

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (697/2009).

Sección VI cualificación concurso 697/2009-P

Procedemento orixe: concurso ordinario 697/2009

Sobre outras materias concursais

José Luis Gutiérrez Martín, secretario xudicial do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, fai saber que no presente procedemento sección sexta de cualificación 697/2009-P, seguido por instancia de Delta Obras y Proyectos, S.L. fronte a Ingekey, S.A., se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolución

Que estimando parcialmente as demandas de cualificación presentadas pola administración concursal e polo Ministerio Fiscal na presente sección sexta do concurso ordinario 697/2009, en que é concursada Ingekey, S.A.:

Declaro culpable o concurso por concorrencia das causas previstas no artigo 164.2.1º (irregularidade contable relevante), 164.2.5º (saída fraudulenta de bens) e 165.1 (presentación tardía do concurso) da Lei concursal.

Declaro persoas afectadas pola cualificación a Mónica Barros Oliveira, Susana Núñez González e Francisco Luis Bello González, éste último como administrador de feito.

Condeno as afectadas pola cualificación, Mónica Barros Oliveira e Susana Núñez González, á inhabilitación para administrar os bens alleos durante un período de cinco anos, así como para representar ou administrar a calquera persoa durante o mesmo período; ao cesamento dos cargos que aínda poidan desempeñar na concursada; á perda de calquera dereito que teñan como acredoras concursais ou da masa; e a que aboen, cada unha delas, o 20% do importe do déficit concursal que se chegue a verificar; e

Condeno o afectado pola cualificación, Francisco Luis Bello González, á inhabilitación para administrar os bens alleos durante un período de dez anos, así como para representar ou administrar calquera persoa durante o mesmo período; ao cesamento dos cargos que aínda poida desempeñar na concursada, á perda de calquera dereito que teña como acredor concursal ou da masa; e a que aboe o 40 % do importe do déficit concursal que se chegue a verificar.

Con desestimación das demais cuestións suscitadas.

Sen pronunciamento expreso en canto a custas».

E ao estar a dita demandada, Mónica Barros Oliveira, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 8 de maio de 2015

O secretario xudicial