Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37801

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1053/2014).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1053/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Vanesa Peláez Lamas contra Pezetace, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Vanesa Peláez Lamas, contra a entidade Pezetace, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Pezetace, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 2.082,58 euros brutos, por salarios de xuño e xullo de 2014, compensación económica polas vacacións non gozadas nese ano, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Pezetace S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 1 de setembro de 2015

A secretaria xudicial