Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37799

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1145/2012).

PO Procedemento ordinario 1145 /2012 F

Procedemento de orixe:

Sobre ordinario

Demandante: José Luis López Fraga

Demandados: Emte Mechanical Engineering, S.A.U., Fire Code Systems, S.L., UTE CPD Alcalá (Ferrovial Agroman, Ferrovial Ingeniería, Mastes, S.A. de Ingeniería, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1145/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis López Fraga contra as empresas Emte Mechanical Engineering, S.A.U., Fire Code Systems, S.L., UTE CPD Alcalá (Ferrovial Agroman, Ferrovial Ingeniería, Mastes, S.A. de Ingeniería, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña

Sentenza: 427/2015

Nº de autos: 1145/2012

Na cidade da Coruña o sete de setembro de dous mil quince.

Eu, Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do xulgado e localidade ou provincia da Coruña, vistos os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha, como demandante, José Luis López Fraga, que comparece asistido do letrado José Páramo Sureda, e doutra, como demandada, Emte Mechanical Engineering, S.A.U., que comparece representada e asistida da letrada Eva López Cutillas; Fire Code Systems, S.L. que, a pesar de estar citada en legal forma, non comparece; UTE CPD Alcalá (Ferrovial Agroman, Ferrovial Ingeniería, Mastes, S.A. de Ingeniería, que comparecen representadas e asistidas do letrado Joaquín Pedriza Bermejillo e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) que, malia estaren citadas en legal forma, non compareceron.

En nome do rei

Ditou a sentenza

Resolvo:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante José Luis López Fraga, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Fire Code Systems, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.551 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Aproba a desistencia respecto das entidades Emte Mechanical Engineering, S.A.U., actual Emte, S.L.U., e UTE CPD Alcalá.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na Conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

Igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para interpor recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe o maxistrado xuíz deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Mesma data que a sentenza. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Fire Code Systems, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de setembro de 2015

A secretaria xudicial