Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37802

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1096/2014).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1096/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Carlos Castro Páramo contra Albealia Restauracion Coruña 1, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de cantidade, foi interposta por José Carlos Castro Páramo contra a entidade Albealia Restauración Coruña 1, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Albealia Restauración Coruña 1, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 833,03 € brutos, por salarios de maio de 2014, compensación económica polas vacacións non desfrutadas nese ano, e horas extras devindicadas por traballos en festivos, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de garantía salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso ningún.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Albealia Restauración Coruña 1, S.L., en ignorado paradoiro, expido este para a súa inserción no boletín oficial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de setembro de 2015

A secretaria xudicial