Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37810

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Asturias (Sala do Social)

EDICTO (977/2015).

Eu, Evelia Alonso Crespo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Oviedo, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 977/2015 desta sección, seguidos por instancia de Hidroeléctrica del Cantábrico, S.A., Tamoin, Talleres y Montajes Industriales, S.A. e Cofivacasa, S.A. contra as empresas Hidroeléctrica del Cantábrico, S.A., Tamoin, Talleres y Montajes Industriales, S.A., Cofivacasa, S.A., Juliana López Hidalgo, Leibi García López, Montajes Nervión, S.A., Montajes Estrada, S.A., Duro Felgueira, S.A., Montajes Metálicos Basauri, S.A., Ertank, S.A., Mantenimientos Especializados, S.A., Centunión Española de Coordinación Técnica y Financiera, S.A., Arcelor Mittal España, S.A., Grupo Ferroatlántica, S.A., Construcciones Ruafer, S.A., Fondo de Garantía Salarial, Ferroatlántica, S.A.U., sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Desestímanse os recursos interpostos polas representacións letradas das empresas AHV Ensidesa Capital, S.A., hoxe Cofivacasa, S.A., Hidroeléctrica del Cantábrico y Talleres y Montajes Industriales (hoxe Grupo Tamoin) contra a sentenza ditada o 15 de setembro de 2014 polo Xulgado do Social número 1 de Gijón nos presentes autos seguidos sobre indemnización de danos e perdas derivados de accidente de traballo por instancia de Juliana López Hidalgo e Leibi García López, e sendo demandadas as empresas Hidro del Cantábrico, S.A., Tamoin, Talleres y Montajes Industriales, S.A., Cofivacasa, S.A., Montajes Nervión, S.A., Montajes Estrada, S.A., Duro Felguera, S.A., Montajes Metálicos Basauri, S.A., Ertank, S.A., Mantenimientos Especializados, S.A., Centunión Española de Coordinación Técnica y Financiera, S.A., Arcelor Mittal España, S.A., Grupo Ferroatlántica, S.A., Construcciones Ruafer, S.A., Fondo de Garantía Salarial e Ferroatlántica, S.A.U. que se confirma na súa integridade.

Déase aos depósitos e consignacións efectuados para recorrer o destino legal, e con imposición ás recorrentes das custas do presente recurso, entre as que se inclúen os honorarios do letrado da parte recorrida e impugnante na contía de 500 euros por cada un deles.

• Medios de impugnación:

Advírteselles ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito subscrito por letrado, presentándoo nesta sala do social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación desta, nos termos do artigo 221 da Lei reguladora da xurisdición social e cos apercibimentos nel contidos.

• Taxas xudiciais para recorrer:

A tramitación do recurso de casación para unificación de doutrina non constitúe feito impoñible e, polo tanto, non se require a liquidación de taxas (consulta vinculante da Dirección Xeral de Tributos V 3674-23 do 26-12-2013).

• Depósito para recorrer:

En cumprimento do artigo 229 da LRXS, co escrito do recurso debe xustificarse o ingreso de depósito para recorrer (600 euros), estando exento o recorrente que: for traballador ou habente-causa seu ou beneficiaria do réxime público de Seguridade Social; o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público con personalidade xurídica propia vinculadas ou dependentes destes, as entidades de dereito público reguladas pola súa normativa específica e os órganos constitucionais, así como os sindicatos e os que tivesen recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta.

O devandito depósito debe efectuarse na conta de depósitos e consignacións que esta sala do social do TSXA ten aberta no Banco Santander, oficina da rúa Pelayo 4 de Oviedo. O número de conta confórmase como segue: 3366 0000 66, seguido do número de rolo (poñendo ceros á súa esquerda ata completar 4 díxitos), e as dúas últimas cifras do ano do rolo. Débese indicar no campo concepto: “37 social casación Lei 36-2011”.

Se o ingreso se realiza mediante transferencia, o código IBAN do banco é: ES55 0049 3569 9200 0500 1274; é imprescindible indicar tamén a conta do recurso como quedou dito.

De efectuarse diversos pagamentos ou ingresos na mesma conta deberase especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa.

Pásense as actuacións ao secretario para cumprir os deberes de publicidade, notificación e rexistro da sentenza.

Así, por esta a nosa sentenza, definitivamente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Montajes Estrada, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Oviedo, 1 de setembro de 2015

A secretaria xudicial