Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o Acordo do 13 de xullo de 2015 sobre exclusión da bolsa de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos a Ricardo Canedo Iglesias, resolvo notificar por este medio o Acordo de exclusión das bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

Contra o citado acordo poderá interpoñer recurso de alzada, perante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes (artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común), desde o día seguinte ao da súa notificación.

Pontevedra, 7 de setembro de 2015

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra