Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 14 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se notifica á persoa interesada a resolución ditada no expediente PR905A 2015/54.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle a resolución ditada á persoa interesada.

O correspondente expediente consta no Servizo de Planificación e Xestión de Programas da Secretaría Xeral da Emigración en Santiago de Compostela, sita na rúa dos Basquiños, nº 2.

Contra a resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992 xa citada e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2015

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente: PR905A 2015/54.

Interesada: María Dolores González del Toro.

Acto notificado: Resolución do 25 de agosto de 2015 pola que é declarada desistida da solicitude presentada ao abeiro da Resolución do 9 de febreiro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.