Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37778

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2015 pola que se adxudican as axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia convocadas pola Resolución do 21 de maio de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 101, do 1 de xuño).

Por Resolución do 21 de maio de 2015 (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 1 de xuño) convocáronse as subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.

No seu artigo 12 regúlase a resolución e notificación destas axudas unha vez que a Comisión de Valoración avalíe as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 10.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada na sesión do 1 de setembro de 2015 pola Comisión de Valoración establecida no artigo 9 das bases da Resolución do 21 de maio de 2015, a Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

Primeiro. Conceder as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia que a seguir se relacionan e polos importes que se indican:

Expediente administrativo

Entidade beneficiaria

Acrónimo

NIF

Importe da axuda (€)

IN845A-1

Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste-Centro Tecnológico Aimen

Aimen

G36606291

433.339,54

IN845A-2

Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos-Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos de la Pesca

Anfaco-Cecopesca

G36625309

320.962,64

IN845A-3

Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia

ITG

G15305923

207.174,68

IN845A-4

Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia

Gradiant

G36997229

422.242,68

IN845A-5

Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostenibilidade Enerxética

Energylab

G27719913

49.020,63

IN845A-6

Fundación para la Promoción de la Innovación, Investigación y Desarrollo Tecnológico en la Industria de Automoción de Galicia

CTAG

G36871424

439.259,83

Segundo. O importe total das axudas concedidas é de un millón oitocentos setenta e dous mil euros (1.872.000), con cargo á aplicación orzamentaria que se recolle no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

Importe

08.A3.561A.781.0

1.872.000

Total

1.872.000

Terceiro. Estas axudas están financiadas con cargo ao préstamo que a Administración xeral do Estado concedeu á Xunta de Galicia a través do Ministerio de Economía e Industria para o desenvolvemento en Galicia da Estratexia española de innovación (actuación 1).

Cuarto. De conformidade co establecido no artigo 21 da resolución pola que se convocan as axudas, o 50 % do importe das axudas poderá librarse con carácter de anticipo, mediante resolución motivada e unha vez publicada a resolución de concesión das axudas.

Quinto. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 19 da resolución de convocatoria nos prazos establecidos no artigo 20.

Sexto. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro dereito que consideren procedente, poderán interpor recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2015

P. A. (Resolución do 16.6.2014; DOG nº 127, do 7 de xullo)
Benito Fernández Rodríguez
Director da Área de Xestión