Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37776

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2015 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta entidade no segundo cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2015 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2015

P.D. (Resolución do 16.6.2014; DOG nº 127, do 7 de xullo)
Benito Fernández Rodríguez
Director da Área de Xestión

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2015

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, o Instituto Galego de Promoción Económica, a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela para a organización do Simposio internacional de xenética para a acuicultura (ISGA XII).

25.5.2015

38.750

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Cultura, Ciencia e Tecnoloxía para o desenvolvemento de actividades de divulgación científica no ano 2015.

25.6.2015

8.000

Contrato programa co Instituto Español de Oceanografía (IEO) para o desenvolvemento de programas de I+D+i nos centros oceanográficos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

8.7.2015

50.000

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. para o desenvolvemento de actividades de divulgación científica no ano 2015.

9.7.2015

140.000

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Eduardo Pondal para o fomento de vocacións científicas e tecnolóxicas na Costa da Morte.

17.7.2015

18.000

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Biomédica Galicia Sur para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario.

27.7.2015

125.900

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Profesor Novoa Santos para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario.

27.7.2015

259.200

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario.

27.7.2015

359.900

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario.

8.7.2015

25.000

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, o Instituto Galego de Promoción Económica e a Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste (Aimen) para o desenvolvemento dun proxecto dinamizador da capacidade innovadora do sector naval galego-Shipbuilding 4.0.

14.8.2015

1.830.000

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a axencia estatal Consello Superior de Investigacións Científicas para o desenvolvemento de programas de I+D+i.

18.8.2015

400.000

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a través do Centro de Innovación e Servizos de Ferrol, e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas curriculares dos estudantes da escola politécnica superior.

19.8.2015

Sen achega económica