Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37780

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2015 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2015.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas práticas na Administración pública galega, acórdase darlle publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no segundo cuadrimestre do ano 2015, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2015

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega en materia de normalización lingüística.

7.000,00 €

13.5.2015

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Fundación NovacaixaGalicia para a celebración do concerto das letras galegas en Pontevedra.

Sen dotación económica

15.5.2015

Acordo de colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración para a realización de actividades relacionadas coa emigración galega.

Sen dotación económica

18.6.2015