Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37781

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2015 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración e cooperación subscritos por este organismo autónomo no segundo cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia número 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no segundo cuadrimestre do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2015

Inés Santé Riveira
Directora do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO
Convenios de colaboración e cooperación subscritos
polo Instituto de Estudos do Territorio no segundo cuadrimestre do ano 2015

Convenio

Aportación económica do IET

Data
da sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio, Augas de Galicia e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega), para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos)

Sen achega económica

13.5.2015

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio e a Universidade de Santiago de Compostela para a elaboración do catálogo das paisaxes de Galicia

90.000 €

25.5.2015