Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37696

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (186/2015).

ETX execución de títulos xudiciais 186/2015

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 205/2015

Sobre despedimento

Demandante: Lorena Mariño Domínguez

Graduado social: José Benito Vidal Rey

Demandados: Pollos Albariza, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 186/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Mariño Domínguez contra Pollos Albariza, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decreto.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela, catro de setembro de dous mil quince.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Lorena Mariño Domínguez presentou solicitude de execución da Sentenza 231/2015, ditada no DSP 205/2015 contra Pollos Albariza, S.L. e, atendendo á dita solicitude, con data do 20 de julio de 2015 este órgano xudicial ditou auto en que se despacha orde xeral de execución pola cantidade de 12.516,33 euros de principal (5.091,02 euros de indemnización + 7.183,24 euros [117,76 liquidación e quitanza de tres (3) días traballo mes de febreiro de 2015 + 7.065,48 euros de salarios xullo, agosto, setembro, novembro, decembro de 2014 e xaneiro de 2015]+ 242,07 euros de xuro do artigo 29.3 da anterior cantidade) e de 1.251,63 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada, Pollos Albariza, S.L., realizada mediante Decreto do 4 de decembro de 2014, ditado polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), ditouse, con data do 20 de xullo de 2015, decreto en que se lles dá audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen, de ser o caso, a existencia de novos bens co resultado que consta en autos.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS) que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, isto será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións; poderase ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as pescudas de bens do artigo 250 desta lei e deberáselles dar audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Nesta executoria cumpríronse os requisitos e trámites de investigación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia ao non se coñecer novos bens daquela sobre os que facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS, declarar a insolvencia total, que se deberá entender provisional para todos os efectos ata que se lle coñezan novos bens ao executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Pollos Albariza, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 12.516,33 euros de principal (5.091,02 euros de indemnización + 7.183,24 euros [117,76  liquidación e quitanza de tres (3) días traballo mes de febreiro de 2015 + 7.065,48 euros de salarios xullo, agosto, setembro, novembro, decembro de 2014 e xaneiro de 2015] + 242,07 euros de xuro do artigo 29.3 da anterior cantidade) e de 1.251,63 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para impugnar de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e indicar no campo Concepto “Recurso” seguido do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Para que sirva de notificación en legal forma a Pollos Albariza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2015

A secretaria xudicial