Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37691

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (195/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 195/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Rivera Antelo contra Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L., Districard, S.L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditáronse as seguintes resolucións que por imperativo legal deben ser notificadas simultaneamente á parte executada:

Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

En Santiago de Compostela, catro de setembro de dous mil quince.

Antecedentes de feito:

Único. Mónica Rivera Antelo presentou escrito no que solicita a execución da sentenza número 197/2015, do 21 de maio, ditada por este órgano xudicial no procedemento ordianario 130/2012 fronte a Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L., Districard, S.L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Este Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial e entende que na demanda de execución de título xudicial concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e debe despacharse esta de conformidade ao disposto no artigo 237 da LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa, e a solicitude de execución presentada, a cantidade pola que se despacha execución é de 10.453,39 euros de principal [7.603,60 euros en concepto de diferenzas salariais e liquidación de vacacións + 2.849,79 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET calculados respecto da anterior cantidade] e de 1.045,34 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se percibirían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumprise na súa integridade a obriga, se se apreciase falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tivese incumprido a obriga de manifestar bens ou se tivesen ocultado elementos patrimoniais transcendentes na devandita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal que se aboará en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprise na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución monetaria o aboamento dos xuros procesuais, se procedesen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituído ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo fose exixible, non se lle impoñerán as custas da execución que se tivese instado, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto pola maxistrada, a secretaria xudicial responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos en citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución de título xudicial a favor da parte executante, Mónica Rivera Antelo, fronte a Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L., Districard, S.L., (Fogasa) Fondo de Garantía Salarial, parte executada, por importe de 10.453,39 euros de principal [7.603,60 euros en concepto de diferenzas salariais e liquidación de vacacións + 2.849,79 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET calculados respecto da anterior cantidade], máis outros 1.045,34 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no que, ademais de alegar as posibles infraccións en que incorrese a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na Conta de Consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta en Banco Santander, S.A,. conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 debendo indicar no campo concepto, «Recurso» seguida do código «30 Social-Reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 Social-Reposición». Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza.

A secretaria xudicial.

Decreto:

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela, catro de setembro de dous mil quince.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mónica Rivero Antelo presentou demanda de execución de título xudicial fronte a Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L., Districard, S.L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. Con data do 4.9.2015, este órgano xudicial ditou auto mediante o que se despacha orde xeral de execución pola cantidade de 10.453,39 euros de principal [7.603,60 euros en concepto de diferenzas salariais e liquidación de vacacións + 2.849,79 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET calculados respecto da anterior cantidade], máis outros 1.045,34 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L., Districard, S.L., realizada por decreto con data do 4.2.2013, ditado por este órgano xudicial no procedemento ETX 144/2012, cuxa copia testemuñada se une a autos para os efectos de constancia.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 239.4 da LXS que o órgano xurisdicional despachará execución, sempre que concorran os presupostos e requisitos procesuais, o título executivo non presente ningunha irregularidade formal e os actos de execución que se solicitan sexan conformes coa natureza e contido do título.

Segundo. A orde xeral de execución, cuxo contido vén determinado no artigo 551 da LAC, subsidiariamente aplicable na xurisdición social, ditouse por auto desta data, sendo procedente, por imperativo do punto 3 do mesmo artigo, ditar o presente decreto no que se sinalan as medidas executivas, de localización e requirimento de pagamento, se é o caso.

Terceiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base abondo para estimar a súa pervivencia noutras execucións e poderá ditarse o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei, debendo darse audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens, se é o caso. Por iso, e vista a insolvencia xa ditada contra as executadas, adóptase a seguinte resolución.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación:

Parte dispositiva:

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L., Districard, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Mónica Rivera Antelo e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado, se acordará o procedente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto, «Recurso» seguida do código «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «Recurso» seguida do «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mercado Tropical, S.L. Kilo Grill, S.L. Districard, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2015

A secretaria xudicial