Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos correspondente ao expediente 11/2015.

En cumprimento do establecido no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral da Emigración.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa e do Retorno.

c) Número de expediente: 11/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de desprazamento dos participantes do programa Reencontros na Terra.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG número 123, do 2 de xullo de 2015.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: a oferta máis vantaxosa segundo os criterios de valoración detallados no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: 182.903 €, máis 2.100 € de IVE.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 27 de agosto de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 10 de setembro de 2015.

c) Empresa adxudicataria: Viajes Halcón, S.A.U.

d) Importe de adxudicación: importe total: 156.000 €.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2015

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración