Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 23 de setembro de 2015 Páx. 37534

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (894/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 894/2012 por instancia de Jesús Manuel López Sánchez, Carlos Díaz López e Antonio Mojo Escariz contra Esabe Vigilancia, S.A. e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 11.5.2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase a demanda formulada por Jesús Manuel López Sánchez, Carlos Díaz López e Antonio Mojo Escariz fronte á empresa Esabe Vigilancia, S.A. e en consecuencia, condénase a empresa Esabe Vigilancia, S.A. a aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

• A Jesús Manuel López Sánchez, 3.002,24 euros correspondentes aos salarios de maio e xuño de 2012.

• A Carlos Díaz López, 2.827,12 euros correspondentes aos salarios de maio e xuño de 2012.

• A Antonio Mojo Escariz, 2.827,12 euros correspondentes aos salarios de maio e xuño de 2012.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Esabe Vigilancia, S.A. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 3 de setembro de 2015

A secretaria xudicial