Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 23 de setembro de 2015 Páx. 37532

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1035/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1035/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Ferrer Álvarez, Cristian Mejías Sánchez e Elizabeth Vásquez Arias contra a empresa Rosas y Grelos, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Sentenza: 414/2015.

Autos número 1035/2015.

Na cidade da Coruña o 3 de setembro do ano 2015.

Javier Fraga Mandián, xuíz substituto deste órgano xurisdicional, tras ver os presentes autos rexistrados co número arriba indicado, promovidos por Cristian Mejías Sánchez, Elizabeth Vásquez Arias e Alberto Ferrer Álvarez, representados pola letrada Cristina Gómez Lozano, contra a empresa Rosas y Grelos, S.L. e o Fogasa, que non comparecen ao acto de xuízo, non obstante a súa citación en forma, pronunciou, en nome do rei, a seguinte resolución:

Sentenza.

Decido:

1º. Que, estimando integramente a demanda promovida por Cristian Mejías Sánchez en canto se dirixiu contra a entidade Rosas y Grelos, S.L., debo condenala e condénoa a que aboe ao demandante a cantidade de 3.942,82 euros incrementada co 10 % de xuro en concepto de demora computado na forma indicada no fundamento xurídico segundo da presente resolución.

2º. Que, estimando, igualmente de modo íntegro, a demanda promovida por Elizabeth Vásquez Arias en canto se dirixiu contra a mesma demandada, debo condenala e condénoa a que aboe á demandante a cantidade de 6.541,25 euros incrementada co 10 % de xuro en concepto de demora computado na forma indicada no fundamento xurídico segundo da presente resolución.

3º. Que, estimando, tamén de modo íntegro, a demanda promovida por Alberto Ferrer Álvarez en canto se dirixiu contra a aludida demandada, debo condenala e condénoa a que aboe ao demandante a cantidade de 7.732,65 euros incrementada co 10 % de xuro en concepto de demora computado na forma indicada no fundamento xurídico segundo da presente resolución.

4º. Que, así mesmo, debo condenar e condeno o Fondo de Garantía Salarial, na súa condición de responsable legal subsidiario, a estar e pasar polas condenas impostas á aludida codemandada.

5º. Non se fai especial pronunciamento en custas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que, contra ela, poden interpoñer recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, e que será resolto, se é o caso, e cumprimentos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe o maxistrado xuíz deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Mesma data que a sentenza. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Rosas y Grelos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de setembro de 2015

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial