Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 23 de setembro de 2015 Páx. 37536

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (182/2015).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 182/2015 por instancia de María Josefa Fernández Vieites contra Belogatex, S.L.U. sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza o 28.5.2015 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido:

Estímase a demanda formulada por María Josefa Fernández Vieites, fronte a Belogatex, S.A. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Belogatex, S.A. ao demandante.

– Enténdese, ante a imposibilidade de readmisión, feita a opción pola indemnización.

– Declárase a extinción, con data da presente resolución, da relación laboral que unía o demandante coa empresa Belogatex, S.A.

– Condénase a Belogatex, S.A. a aboarlle a María Josefa Fernández Vieites, en concepto de indemnización a cantidade de vinte e nove mil oitenta e dous euros (29.082 euros).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para isto abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Belogatex, S.L.U. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 3 de setembro de 2015

A secretaria xudicial