Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 21 de setembro de 2015 Páx. 37269

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (113/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 113/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alfredo Padilla Buscaróns e Xosé Antón Porto García contra a empresa Mediasiete Publicaciones, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decido que estimando integramente a demanda interposta por Alfredo Padilla Buscaróns e Xosé Antón Porto García contra Mediasiete Publicaciones, S.A., debo condenar e condeno a empresa Mediasiete Publicaciones, S.A. a aboarlles a ambos os dous demandantes conxuntamente a suma de 1.500 euros polos conceptos indicados no feito probado quinto desta resolución, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación o 14 de febreiro de 2011 ata a presente resolución, e os xuros do artigo 576 da LAC desde a presente resolución ata o completo pagamento.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse o que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Dada, lida e publicada foi a anterior sentenza pola mesma xuíza que a subscribe, estando celebrando audiencia pública en Santiago de Compostela, o vinte e nove de xuño de dous mil quince. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Mediasiete Publicaciones, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2015

A secretaria xudicial