Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 21 de setembro de 2015 Páx. 37271

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (143/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 143/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Ben Gontán contra Esabe Vigilancia, S.A., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto núm. 480/2015

Secretaria xudicial María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2015.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Juan Carlos Ben Gontán presentou solicitude de execución de título xudicial fronte a Esabe Vigilancia, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial e, en atención á dita solicitude, con data do 31.06.2015 este órgano xudicial ditou auto en que despachou orde xeral de execución pola cantidade de 206,25 euros de principal [156,80 euros en concepto de salarios debidos + 49,45 euros de xuros do artigo 29.3 ET (calculados ao 10 % respecto aos salarios debidos)], máis outros 20,62 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Esabe Vigilancia, S.A., realizada por decreto do 20.2.2015, ditado por este órgano xudicial no procedemento ETX 346/2014.

Terceiro. Para cumprir o requisito contido no artigo 276.3 da LXS, ditouse con data 30.6.2015 decreto en que se daba audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalasen, de ser o caso, a existencia de novos bens; a parte executante presentou escrito, que se une ás presentes actuacións, en que solicitaba a declaración de insolvencia da executada.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, unha vez declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións, e se poderá ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei, debendo darse audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente executoria, cumpríronse os requisitos e os trámites de indagación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia ao non se coñeceren novos bens daquela sobre os cales facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS, declarar a insolvencia total, que deberá entenderse provisional para todos os efectos, ata que se coñezan novos bens do executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva

Parte dispositiva do decreto

Acordo:

a) Declarar a executada Esabe Vigilancia, S.A. en situación de insolvencia total por importe de 206,25 euros en concepto de principal [156,80 euros en concepto de salarios debidos + 49,45 euros de xuros do artigo 29.3 do ET (calculados ao 10 % respecto dos salarios debidos)], máis outros 20,62 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros, que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme a resolución, inscribilo no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei de xurisdición social).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un depósito por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial»

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2015

A secretaria xudicial