Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 21 de setembro de 2015 Páx. 37268

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (354/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 354/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio García Rico contra Contratos y Suministros Dexo, S.L., Gescom Marketing, S.L. e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte sentenza:

Tense por desistido da demanda que, en materia de cantidade, foi interposta por Antonio García Rico contra a entidade Contratos y Suministros Dexo, S.L.

Que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de cantidade, foi interposta por Antonio García Rico contra a entidade Gescom Marketing, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Gescom Marketing, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 1.394,83 euros brutos, por salarios de xaneiro de 2014 e a compensación económica polas vacacións non gozadas do mesmo ano, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún. Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. A maxistrada xuíza deste xulgado, Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gescom Marketing, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de setembro de 2015

A secretaria xudicial