Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 21 de setembro de 2015 Páx. 37267

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (393/2014).

María Susana Gamonal Lombardero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 393/2014 seguido por instancia de Santander Consumer E.F.C., S.A. fronte a Óscar Pérez Bañobre e Elena Sanz Vallejo ditouse sentenza, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decido que, estimando a demanda interposta polo procurador dos tribunais Carlos García Brandariz, en nome e representación Santander Consumer E.F.C., S.A., debo condenar e condeno a Óscar Pérez Bañobre e Elena Sanz Vallejo a aboar a aquela a cantidade de quince mil seiscentos vinte e oito euros con cincuenta céntimos (15.628,50 euros) máis os xuros legais desde a interposición da demanda e ata o seu completo pagamento.

As custas serán por conta da parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, ante este xulgado e para a Audiencia da Coruña, no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, da que se deducirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose os devanditos demandados, Óscar Pérez Bañobre e Elena Sanz Vallejo, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a estes.

Betanzos, 16 de xuño de 2015

A secretaria xudicial