Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 17 de setembro de 2015 Páx. 37044

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (108/2015).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2015

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo verbal número 108/2015, seguidos por instancia de Cafento Norte, S.L., representada polo procurador Sr. Gómez Martín, baixo a asistencia letrada da Sra. Menéndez Miranda, contra Tivolino Compostela, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Decisión

Estímase a demanda presentada polo procurador Sr. Gómez Martín no nome e representación invocada e, en consecuencia, condénase a sociedade demandada a pagar as seguintes cantidades: dous mil trescentos sesenta e tres euros e sesenta e sete céntimos (2.363,67 €) en concepto de parte proporcional de achega económica pendente de amortizar; tres mil corenta e catro euros e seis céntimos (3.044,06 €) en concepto de indemnización de danos e perdas ocasionados máis os xuros legais contados desde a data de interposición da demanda, así como ao pagamento das custas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interporse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do dito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 €, o que deberá ser acreditado ao presentar o recurso.

Así o acorda, manda e asina M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Tivolino Compostela, S.L., expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2015

A secretaria judical