Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 17 de setembro de 2015 Páx. 37042

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 8 de setembro de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de marzo de 2015 (DOG núm. 51, do 16 de marzo) pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as de telecomunicacións, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio), acordou que o terceiro exercicio da fase de oposición terá lugar o día 24 de setembro de 2015, e que o lugar de realización será na Escola Galega de Administración Pública (r/ Madrid, 2-4, As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela), na aula 9, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul. No caso de que sexa necesaria, os aspirantes serán provistos de calculadora por parte do tribunal, e queda prohibido o uso de calculadoras distintas ás que se lle faciliten.

Consonte a base II.2.3 da convocatoria, para o desenvolvemento deste exercicio os aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios; admítense as súas versións consolidadas, aquelas en que figuran notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial. Está expresamente prohibida a utilización de libros de consulta, temarios, informes, resolucións ou ditames de calquera tipo.

Durante o desenvolvemento do exercicio, os membros do tribunal poderán examinar o material que está a utilizar cada aspirante e comprobar que se axusta ao establecido nos parágrafos anteriores. O uso de textos normativos distintos dos permitidos determinará a expulsión do aspirante.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2015

Luis Castedo Ribas
Presidente do tribunal