Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 15 de setembro de 2015 Páx. 36712

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2015 pola que se modifica a Resolución do 7 de maio de 2014, de delegación de competencias.

Unha vez detectados erros na publicación da Resolución do 7 de maio de 2014, de delegación de competencias (DOG núm. 90, do 13 de maio), procede realizar a seguinte modificación:

Na páxina 21459, onde di: «15. Delégase nas persoas que ocupan os decanatos e direccións de centros a sinatura das resolucións definitivas dos seguintes asuntos relacionados cos estudos de primeiro e segundo ciclo:

a) A admisión de alumnado en titulacións sen límite de prazas.

b) A admisión dos traslados do alumnado para continuación de estudos, unha vez adoptadas as decisións polas comisións de centros.

c) A resolución de solicitudes de recoñecementos, adaptacións e validacións de materias.

d) A resolución de solicitudes de matrícula: ampliación, cambio e/ou anulación parcial de materias».

Debe dicir: «15. Delégase nas persoas que ocupan os decanatos e as direccións de centros:

A) A sinatura das resolucións definitivas dos seguintes asuntos relacionados cos estudos de primeiro e segundo ciclo:

a) A admisión de alumnado en titulacións sen límite de prazas.

b) A admisión dos traslados do alumnado para continuación de estudos, unha vez adoptadas as decisións polas comisións de centros.

c) A resolución de solicitudes de recoñecementos, adaptacións e validacións de materias.

d) A resolución de solicitudes de matrícula: ampliación, cambio e/ou anulación parcial de materias.

B) A facultade de expedir as certificacións do pagamento dos dereitos así como a de resolver as solicitudes de remisión dos títulos e a remisión destes ás direccións provinciais de Educación, á oficina de Educación e ás oficinas consulares».

Vigo, 7 de setembro de 2015

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo