Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 15 de setembro de 2015 Páx. 36710

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2015 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este organismo no segundo cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2015 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2015

P.S. (Orde do 17.11.2014)
Fernando González Abeijón
Subdirector xeral técnico e de Planificación

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado polo Issga

Data de sinatura

Acordo marco de colaboración entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, para a promoción e colaboración en actuacións de seguridade e saúde no traballo.

O establecemento de canles de colaboración para o desenvolvemento de actividades de información e formación en prevención de riscos laborais, así como programar, coordinar e apoiar as actividades desenvolvidas polo COPG, de cara á mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo, á redución dos riscos laborais, á investigación e ao fomento de novas formas de protección e promoción de estruturas eficaces de prevención.

0 €

10.6.2015

Convenio de cooperación educativa entre o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e a Universidade de Vigo, para a realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado universitario en prevención de riscos laborais.

Articular a colaboración do Issga coa Universidade de Vigo na realización de prácticas académicas externas do alumnado do Mestrado universitario en prevención de riscos laborais, para facilitar a súa preparación para o exercicio profesional en áreas operativas do instituto relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais desde os estudos cursados na universidade.

0 €

15.7.2015