Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 11 de setembro de 2015 Páx. 36479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de agosto de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente DX-00188-I-2014 e tres máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución dos expedientes sancionadores DX-00188-I-2014 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúaseP por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

DX-00188-I-2014

5603-GMG

Axente de Inspección CO/017

Berbel Excavaciones, S.L.

B70365309

Rúa Diques, 17, baixo,

15690 Arteixo (A Coruña)

O exceso igual ou superior ao 2,5 por cento e inferior ao 10 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %.

22.10.2014; 11.25.24; N-VI; 543,800

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

366 euros

LU-00844-O-2015

5219-BCX

Garda Civil 2701 C30220X

Exclusivas Novoares, S.C.

J70219035

Hnos. Brañas Fernández, 2, 5 B,

15189 Culleredo (A Coruña)

O exceso igual ou superior ao 15 por cento e inferior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 15 %.

8.4.2015; 8.35; N-VI; 543,8

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

LU-02698-O-2014

1175-BRG

Garda Civil 2701 V08644T

Zuen Kalparra, S.L.

B20612578

Peirao Bouzas, dársena, 1,

36208 Vigo (Pontevedra)

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

12.11.2014; 19.45.00; N-VI; 543,8

Art. 141.21 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-00856-O-2015

9142-GSJ

Garda Civil 3603 A23980M

Transpobedasa 2012, S.L.

B94066073

Valbón-Agudelo, 13,

36191 Barro (Pontevedra)

O exceso igual ou superior ao 15 por cento e inferior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 21%.

29.12.2014; 20.03; A-55; 12,0

Art. 141.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

950 euros