Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 11 de setembro de 2015 Páx. 36477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de agosto de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00459-O-2015 e dous máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores LU-00459-O-2015 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, ésta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

anexo

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00459-O-2015

8066-HGG

Garda Civil 2702 U89694K

Tjcv 14, S.L.

B27459213

Rúa Río Eo, 84

27003 Lugo (Lugo)

A manipulación do tacógrafo ou dalgún dos seus elementos, así como a doutros instrumentos ou medios de control que exista a obriga de levar instalados no vehículo, con obxecto de alterar o seu funcionamento ou modificar as súas medicións.

16.2.2015; 11.35; A-6; 451,0

Art. 140.10 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-03425-O-2014

PO-5184-BJ

Garda Civil 3601 Q92637T

Carypalbo, S.L.

B36253912

Xinzo, O Souto, nº 2

36891 Ponteareas (Pontevedra)

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

22.10.2014; 9.35; A-52; 282,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

XC-00934-O-2015

M-8271-JY

Garda Civil 1500 R76589W

Gran Taller, S.L.

B15030018

O Valado, 37

15680 Ordes (A Coruña)

O exceso igual ou superior ao 20 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA superior a 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 23%.

24.11.2014; 17.18; N-550; 44,0

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.600 euros