Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 11 de setembro de 2015 Páx. 36481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de agosto de 2015, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas en expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00499-O-2014 e catro máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou as resolucións dos recursos de alzada presentados nos expedientes sancionadores LU-00499-O-2014 e catro máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2015

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

anexo

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

LU-00499-O-2014

5111-FLT

Garda Civil 2702 U89694K

Andreu Golpe, Francisco Javier

32774812L

Avenida da Coruña, 436-3º A,

27003 Lugo (Lugo)

Transportar mercadorías perigosas incumprindo o disposto nas normas de aplicación acerca do equipamento do vehículo ou dos membros da tripulación.

14.2.2014; 10.00; A-6; 507,00

Art. 141.5.2 LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

Desestimado

XC-00607-O-2014

4494-HCV

Garda Civil 1504 H74822F

Transportes Javier García Santos, S.L.

B15853740

Regueiro Escuro, 9, San Pedro de Nós

15176 Oleiros (A Coruña)

A falta de consignación nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso da lectura do contaquilómetros ao comezo da viaxe.

11.10.2013; 3.48; AP-9; 67

Art. 141.12 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

Desestimado

XC-01129-O-2014

5514-CKD

Garda Civil 1503 N41519R

Jesús Ramón Álvarez Carro

32788800T

Donepedre, 10, Castelo,

15189 Culleredo (A Coruña)

Diminución do descanso diario reducido en máis de 2 horas (sobre 9 horas). Atenuante, igual ou superior a 6 horas e inferior a 7 horas.

2.1.2014; 9.35; AP-9F; 25,5

Art. 141.25 LOTT en relación co art. 140.37.5 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra d) LOTT

401 euros

Desestimado

XC-00111-O-2013

0290-GMG

Garda Civil 1501 H-45914-F

Hermanos Pallas, S.L.

B15060320

A Tablilla, s/n

15185 Cerceda (A Coruña)

A carencia no vehículo do rótulo en que se comunica a existencia de libro de reclamacións.

27.9.2012; 9.17; DP-1914; 0000,500

Art. 142.6 LOTT

Art. 199.6 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT

Art. 201.1.c) ROTT

301 euros

Desestimado

XC-02440-O-2013

5290-CHZ

Garda Civil 1504 A-35144-Y

Transportes Javier García Santos, S.L.

B15853740

Regueiro Escuro, 9, San Pedro de Nós

15176 Oleiros (A Coruña)

A realización de transportes públicos de mercadorías, así como a contratación como carrexador ou a facturación en nome propio de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitou dentro dos 15 días seguintes ao da notificación do inicio do expediente.

15.5.2013; 17.47; N-550; 80,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

Desestimado