O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 17 de xuño de 2015, impoñer unha segunda multa coercitiva a Lei Valdeorras, S.L. (IU3/8/2014-B1), como consecuencia do incumprimento das resolucións do 22.2.2007, 8.2.2008 e 8.9.2014, polas que se declaraban ilegalizables e se ordenaba a demolición de cinco vivendas unifamiliares acaroadas, na rúa Fondo da Rúa, no termo municipal da Rúa.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase á interesada o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesadá que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra este acordo a interesada pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2015
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística