Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 7 de setembro de 2015 Páx. 36146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de agosto de 2015 pola que se notifica a imposición dunha segunda multa coercitiva devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición (expediente IU3/215/2011).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 18 de xuño de 2015, impoñer unha segunda multa coercitiva a María Adelina Alves Machado (IU3/215/2011-B1), como consecuencia do incumprimento das resolucións do 8.11.2012 e 26.3.2014, polas que se declaraba ilegalizable e se ordenaba a demolición dunha edificación destinada a uso residencial e un caseto de ladrillo para resgardar a bomba de presión da auga, no lugar das Regas, parroquia de Carballido, no termo municipal de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase á interesada o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Contra o dito acordo a interesada pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2015

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística