Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 7 de setembro de 2015 Páx. 36140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2015 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos de execución de obras públicas hidráulicas non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia, como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias, ditada pola Presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia, a través de http://www.xunta.es, e desde a plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augas.cmati.xunta.es/

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes das ofertas dos adxudicatarios: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto dos contratos: obra.

a) Descrición: infraestruturas hidráulicas básicas no concello de Cospeito. 2ª fase. Cospeito (Lugo).

Número de expediente: OH.227.621.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 53, do 18 de marzo de 2015.

Orzamento base de licitación: importe neto: 586.398,04 euros. Importe total: 709.541,63 euros.

Data de adxudicación: 29 de xullo de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 422.030,67 euros. Importe total: 510.657,11 euros.

Data de formalización do contrato: 5 de agosto de 2015.

Contratista: Aopil, S.L.

b) Descrición: actuacións na rede de saneamento de Verín e polígono de Pazos. Verín (Ourense).

Número de expediente: OH.332.781.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 37, do 24 de febreiro de 2015.

Orzamento base de licitación: importe neto: 693.220,34 euros. Importe total: 838.796,61 euros.

Data de adxudicación: 28 de xullo de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 521.093,00 euros. Importe total: 630.522,53 euros.

Data de formalización do contrato: 5 de agosto de 2015.

Contratista: Misturas, Obras e Proxectos, S.A.

c) Descrición: saneamento na parroquia de Santa María de Ois. 2ª fase. Coirós (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.1049.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232440-8.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 67, do 10 de abril de 2015.

Orzamento base de licitación: importe neto: 297.948,11 euros. Importe total: 360.517,21 euros.

Data de adxudicación: 31 de xullo de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 213.032 euros. Importe total: 257.768,72 euros.

Data de formalización do contrato: 7 de agosto de 2015.

Contratista: Excavaciones Midón, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2 anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. Unha maneira de facer Europa.

En concreto, a obra indicada coa letra a) encádrase no tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución da auga potable. Actuación 3.45.2: renovación, mellora, optimización e desenvolvemento de novas infraestruturas de abastecemento tales como presas, pequenos encoros, captacións, depósitos reguladores, estacións de tratamento de auga potable, redes de distribución e sistemas de automatización e control, e as indicadas coas letras b) e c) encádranse no tema prioritario ou medida 46: tratamento da auga (auga residual). Actuación 3.46.3: construción de novas redes de colectores (saneamento e pluviais) e emisarios.

4. Outras informacións.

As adxudicacións dos citados contratos, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2015

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia