Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 7 de setembro de 2015 Páx. 36165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 19 de agosto de 2015 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto contra a Resolución do 22 de maio de 2014, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu interesado ausente na repartición (expediente IU2/3/2013-R1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 30 de xullo de 2015, ditou resolución pola que non se admite por extemporáneo o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 22 de maio de 2014, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación para a garda de apeiros de labranza e usos agrícolas, no lugar do Casal 1B, no termo municipal de Marín, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Enrique Villanueva Villanueva, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle o interesado a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición onde radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2015

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística