Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 7 de setembro de 2015 Páx. 36167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación de servizos de realización de informe de avaliación “ex ante” e asesoramento para a implementación de instrumentos financeiros nos termos previstos na normativa dos fondos EIE para o período 2014-2020.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase procedemento aberto para a contratación de servizos de realización de informe de avaliación ex ante e asesoramento para a implementación de instrumentos financeiros nos termos previstos na normativa dos fondos EIE para o período 2014-2020 (PA 2/15).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Complexo Administrativo de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 2/15.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación de servizos de realización de informe de avaliación ex ante e asesoramento para a implementación de instrumentos financeiros nos termos previstos na normativa dos fondos EIE para o período 2014-2020.

b) División por lotes e número: non procede.

c) Lugar de entrega: Igape Santiago (código NUT ES11).

d) Prazo de vixencia (meses): O prazo máximo de execución/entrega é de 7 meses desde a sinatura do contrato (realización de avaliación ex ante: máximo de 3 meses desde a sinatura do contrato; implementación dos instrumentos financeiros: máximo de 4 meses desde a finalización da avaliación ex ante).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 130.000 € (cento trinta mil euros) máis imposto sobre o valor engadido (IVE) de 27.300 € (vinte e sete mil trescentos euros), total de 157.300 € (cento cincuenta e sete mil trescentos euros).

O orzamento de licitación coincide co valor estimado.

Aplicación orzamentaria:

O importe de 157.300 € (130.000 € máis 27.300 € de IVE) financiaranse con cargo á seguinte partida, se existe crédito adecuado e suficiente. Esta licitación é susceptible de financiamento Feder:

Partida

2015

2016

08.A1 741A 6404

78.650,00 €

78.650,00 €

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupos, subgrupos e categoría): non procede.

b) Solvencia económico-financeira e técnica:

Solvencia económica-financeira: a cifra media de negocios da licitante dos tres últimos exercicios (ou daqueles dispoñibles en función da data de creación da empresa), deberá ser como mínimo igual ou superior ao orzamento de contratación.

Solvencia técnica: experiencia da licitante mínima de tres traballos de asesoramento en materia de xestión de axudas públicas e/ou instrumentos financeiros e equipo técnico mínimo de tres persoas coa formación e experiencia sinalada na alínea E da folla de especificacións, deberá acreditarse tanto a solvencia económico-financeira como técnica segundo o disposto nas alíneas E, F e G da folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación do anuncio do procedemento no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, domingo ou festivo en Santiago de Compostela o prazo entenderase prorrogado ata o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1º. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou correo electrónico conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de Correos.

d) Prazo mínimo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data de apertura dos sobres B (ofertas técnicas, parte avaliable sen aplicación de fórmulas): en acto público o décimo día hábil seguinte ao remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura dos sobres B (ofertas técnicas, parte avaliable sen aplicación de fórmulas), ás 10.00 horas.

e) Data de apertura dos sobres C (ofertas técnicas, parte avaliable mediante fórmulas e ofertas económicas): En acto público o décimo quinto día hábil seguinte á apertura dos sobres B, procederase á apertura dos sobres C (ofertas técnicas, parte avaliable mediante fórmulas e ofertas económicas), ás 10.00 horas.

10. Criterios de adxudicación.

Prezo Criterio

Valoración

Regras de valoración do criterio:

P= Dotación orzamentaria

O= Prezo da oferta

M= Oferta económica mínima

Se o prezo mínimo de todas as ofertas é superior ou igual ao 80 % da dotación orzamentaria (M >= 80 % x P)

Puntos = 51 x (P-O)/(P-M)

Se o prezo mínimo de todas as ofertas é inferior ao 80 % da dotación orzamentaria (M < 80 % x P)

– Para as ofertas iguais ou superiores ao 80 % da dotación orzamentaria:

Puntos = 51 x 80 % x (P-O)/(P – 80 % x P)

– Para ofertas inferiores ao 80 % da dotación orzamentaria:

Puntos = 51 x (80 % + 20 % x (80 % x P – O)/(80 % x P – M))

51 %

– Metodoloxía e plan de traballo

Regras de valoración do criterio:

a) Ferramentas de consultoría que se utilizarán para a análise da situación actual do mercado financeiro e para a análise da situación real de acceso ao crédito por parte das empresas galegas (ata un máximo de 8 puntos).

b) Grao de contraste da metodoloxía (ata un máximo de 4 puntos).

c) Fomento do traballo en equipo e consenso co Igape na realización dos traballos (ata un máximo

de 4 puntos).

d) Existencia dunha planificación detallada no nivel de tarefa das actividades que se realizarán no servizo, e se esta é adecuada para os seus fins (ata un máximo de 4 puntos).

Para cada unha das subalíneas anteriores, a mellor das ofertas presentadas será avaliada coa puntuación máxima e as restantes ofertas serán avaliadas comparativamente, xustificando a baixada de puntuación por tramos de 2 puntos.

20 %

Prezo Criterio

Valoración

– Calidade do servizo proposto

Regras de valoración do criterio:

a) Servizo claramente dirixido ao logro dos obxectivos (ata un máximo de 8 puntos)

b) Ofrécense casos de éxito na aplicación da metodoloxía proposta (ata un máximo de 6 puntos)

c) A partir da oferta pódese visualizar claramente como se prestará o servizo (ata un máximo de 2 puntos)

d) Adquírense compromisos concretos na execución e non se limita a citar vagamente o que se vai facer (ata un máximo de 4 puntos)

Para cada unha das subalíneas, a mellor das ofertas presentadas será avaliada coa puntuación máxima e as restantes ofertas serán avaliadas comparativamente, xustificando a baixada de puntuación por tramos de 2 puntos, salvo para a alínea c) que serán tramos de 1 punto.

20 %

– Melloras e servizos adicionais

Regras de valoración do criterio:

-Redución de prazos de entrega respecto aos prazos indicados (0,25 puntos por semana, cun máximo

de 2 puntos)

-Análise das necesidades formativas do persoal do Igape que xestionará os instrumentos financeiros

(2 puntos por incluír o compromiso de elaboración dun Plan de formación para os técnicos do Igape).

-Impartición dun seminario en materia de xestión de instrumentos financeiros para os técnicos do Igape

(0,5 puntos por hora de formación comprometida, ata un máximo de 5 puntos).

9 %

11. Gastos de anuncios: máximo 2.000 €, serán por conta do adxudicatario.

12. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.igape.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica