Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 7 de setembro de 2015 Páx. 36172

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación de servizos de formación e titorización de xestores de exportación.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase procedemento aberto para a contratación de servizos de formación e titorización de xestores de exportación (PA 3/15).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servizos Xurídicos.

c) Número de expediente: PA 3/15.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación de servizos de formación e titorización de xestores de exportación.

b) División por lotes e número:

Lote

Obxecto

1

Formación de xestores de exportación

2

Titorización de xestores de exportación

c) Lugar de execución: Galicia (código NUT: ES11).

Lugar de entrega: Igape (Santiago de Compostela).

d) Prazo de vixencia (meses):

A vixencia inicial será de 24 meses, e poderá prorrogarse por outros 24 meses máis, logo do acordo expreso das partes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento de adxudicación: procedemento aberto.

4. Valor estimado e orzamento base de licitación.

O valor estimado da contratación ascende a 346.000 € (trescentos corenta e seis mil euros) máis o imposto sobre o valor engadido (IVE) de 72.660 € (setenta e dous mil seiscentos sesenta euros), total de 418.660 € (catrocentos dezaoito mil seiscentos setenta euros), dos cales corresponden:

• 173.000 € (cento setenta e tres mil euros) máis 36.330 (trinta e seis mil trescentos trinta euros) de IVE, total de 209.330 € (douscentos nove mil trescentos trinta euros) ao prazo de vixencia inicial (24 meses) e

• 173.000 € (cento setenta e tres mil euros) máis 36.330 (trinta e seis mil trescentos trinta euros) de IVE, total de 209.330 € (douscentos nove mil trescentos trinta euros) ao da posible prórroga (24 meses). A desagregación por lotes e prezos unitarios é a seguinte:

Desagregación por lotes:

Lotes

Importe sen IVE

IVE

Total

Lote 1: Formación de xestores de exportación

31.000 €

6.510 €

37.510 €

Lote 2: Titorización de xestores de exportación

142.000 €

29.820 €

171.820 €

Total

173.000 €

36.330 €

209.330 €

Desagregación por prezos unitarios:

Lote 1-Servizos de formación

Prezo sen IVE

Prezo por curso

15.500 €

Lote 2-Servizos de titorización

Prezo sen IVE

Parte fixa (24 meses)

10.000 €

Prezo mes/xestor

183,33 €/mes por xestor

Esta licitación é susceptible de cofinanciamento FSE.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: (grupos, subgrupos e categoría): non procede.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: os criterios e medios de acreditación da solvencia económica-financeira e técnica do licitante sinálanse nas alíneas E, F e G da folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 19.10.2015.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1º. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Por correo, anunciando ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou correo electrónico, conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de Correos.

d) Prazo mínimo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica.

b) Domicilio: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data de apertura dos sobres B (ofertas técnicas, parte avaliable sen aplicación de fórmulas): 30.10.2015, ás 10.00 horas.

e) Data de apertura dos sobres C (ofertas técnicas, parte avaliable mediante fórmulas e ofertas económicas): 16.11.2015, ás 10.00 horas.

10. Criterios de adxudicación. Son os sinalados, para cada lote, na alínea J da folla de especificacións.

11. Gastos de anuncios: 2.900 € máximo. Serán por conta do/s adxudicatario/s e o importe ratearase de forma proporcional ao importe dos lotes correspondentes.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso): 1.9.2015.

14. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos: www.igape.es/contratacions .

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica