Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 7 de setembro de 2015 Páx. 36114

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 20 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se notifica ao titular do dereito mineiro o acordo de inicio do procedemento de execución forzosa subsidiaria das actuacións necesarias para o peche dos labores no dereito mineiro Carbelo, número 2783, sito no termo municipal de Crecente, na provincia de Pontevedra.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícase á empresa Granitos Penalonga, S.L., con CIF B32224750, o acordo da Consellería de Economía e Industria do 27 de xullo de 2015, polo que se inicia o procedemento de execución forzosa subsidiaria por parte da Administración das actuacións necesarias para o peche dos labores no dereito mineiro Carbelo, núm. 2783, sito no termo municipal de Crecente, provincia de Pontevedra, que na actualidade se atopa en situación de abandono, para que no prazo de 10 días alegue o que considere oportuno en defensa dos seus intereses.

Comunícaselle que o acordo íntegro, así como as medidas que adoptará esta Administración na execución forzosa subsidiaria para o peche do dereito mineiro, están á súa disposición na Subdirección Xeral de Recursos Minerais en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas), situada no edificio administrativo San Caetano s/n, bloque 5º, 4º andar, en Santiago de Compostela.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á empresa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas