Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 7 de setembro de 2015 Páx. 36112

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Rubiá (expediente IN407A 2015/62-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Saltos del Cabrera, S.L. Distribución.

Domicilio social: r/ El Toral, 2, 24380 Puente Domingo Flórez.

Denominación: reforma subestación 33/20 kV de Saltos de Cabrera (Quereño).

Situación: Rubiá.

Características técnicas:

Pase de intemperie a interior, en celas con illamento SF6, dous sistemas de manobra e protección da subestación.

Tres celas; unha de chegada de liña e dúas de saída a trafos intemperie.

Orzamento: 42.949,50 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 27 de agosto de 2015

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Ramón Velasco González
Xefe do Servizo de Administración Industrial