Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 7 de setembro de 2015 Páx. 36111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cenlle (expediente IN407A 2015/54-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: concello de Cenlle.

Domicilio social: estrrada Vella Logroño, Vigo, 2, Trasariz, 32454 Cenlle.

Denominación: CS, LMT e CT bombeo Razamonde.

Situación: Cenlle.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 1.391 m, con condutor LA-56 e orixe no centro de seccionamento proxectado próximo á LMT CAS.801 Sampaio-Santa Cruz e remate no CT proxectado 1º) bombeo razamonde; en obra do propio bombeo.2º) CS (4L) SF6 de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 255.546,98 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; r/ Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte (20) días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 18 de agosto de 2015

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María D. Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas