Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 7 de setembro de 2015 Páx. 36115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 20 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se notifica o apercibimento para a presentación do proxecto de peche definitivo dos labores ao titular das explotacións mineiras Santa Bárbara número 5006 e Santa Bárbara II número 5019, sitas no termo municipal de Pedrafita do Cebreiro, na provincia de Lugo.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícase á empresa Explotación Minera Internacional España (Exminesa), con CIF A28160224, dada a situación de abandono en que se atopan as explotacións mineiras, o apercibimento para a presentación, nun prazo máximo de 10 días, ante a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, do proxecto de peche definitivo dos labores nas explotacións mineiras Santa Bárbara, núm. 5006 e Santa Bárbara II, núm. 5019, sitas no termo municipal de Pedrafita do Cebreiro, na provincia de Lugo, coa advertencia de que, se así non o fixer, esta Administración adoptará o pertinente acordo de execución subsidiaria para adoptar as medidas precisas e proceder ao peche das explotacións mineiras, co posterior reintegro dos gastos por ese titular, sen prexuízo da facultade de incoar o correspondente expediente sancionador e de impoñer as correspondentes multas coercitivas.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á empresa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas