Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 31 de agosto de 2015 Páx. 35287

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de nomeamento de funcionario interino.

Decreto da Alcaldía 257/2015.

Nomeamento de funcionario interino administrativo do Concello de Castro de Rei.

Francisco Javier Balado Teijeiro, alcalde do Concello de Castro de Rei (Lugo).

Vista a proposta de nomeamento do tribunal cualificador en relación coas probas de selección para prover en réxime de interinidade a seguinte praza:

– Grupo: C1; escala: Administración xeral; subescala: administrativa; clase: funcionario interino; número de vacantes: unha; denominación: administrativo.

Cumpridos os requisitos e as condicións exixidos nas bases da convocatoria, de acordo co disposto no artigo 62 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

De conformidade co artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; co artigo 136 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; co artigo 7 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que se debe axustar o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local,

RESOLVO:

Primeiro. Realizar o nomeamento de funcionaria interina á aspirante seguinte:

Eva María Pérez Pita, con DNI 76576283Z.

Segundo. O nomeamento terá vixencia ata que se cubra a vacante mediante funcionario de carreira. Poderá cesar, así mesmo, cando o concello considere que xa non existen razón de necesidade ou urxencia que motivaron o nomeamento, ou ben cando por causas sobrevidas a praza sexa amortizada.

Terceiro. Notificar esta resolución á funcionaria nomeada, comunicándolle que deberá tomar posesión e incorporarse no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento, logo de certificación do cumprimento de todos os requisitos da praza especificados nas bases da convocatoria.

Cuarto. Unha vez tomada posesión, publicar o nomeamento no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e no taboleiro de edictos deste concello, de acordo co disposto nos artigos 60 e 81 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente o recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o alcalde do Concello de Castro de Rei, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou recurso contencioso-administrativo, segundo o establecido no artigo 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da citada Lei 29/1998. No caso de optar por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Todo isto sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Castro de Rei, 14 de xullo de 2015

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde