Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 31 de agosto de 2015 Páx. 35289

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO do 6 de agosto de 2015 polo que se convoca a licitación de pequenas obras de reparación e acondicionamento nas vías urbanas.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. R/ Michelena, nº 30, 36001 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.

2. Obxecto: conservación e mantemento de vías urbanas. Prazo: dous anos prorrogable un máis.

3. Procedemento e forma: aberto, criterios de adxudicación: anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación total: 600.000 € (200.000 € anuais). Total con IVE: 726.000 €.

5. Garantías. Provisional: non. Definitiva: 5 %.

6. Obtención da documentación e información: Servizo de Contratación. Teléfono: 986 80 43 00, fax: 886 21 28 43 e www.pontevedra.eu

7. Presentación de ofertas: cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación e apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

Pontevedra, 6 de agosto de 2015

P.D. (13.6.2015)
Raimundo González Carballo
Concelleiro de Goberno