Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 31 de agosto de 2015 Páx. 35283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración de equipamento para o Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, cofinanciado nun 80 % por fondos Feder, proxecto Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 76, contratación documentalmente simplificada (expediente AB-CON1-15-002).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703-Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

a) Número de expediente: AB-CON1-15-002.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de equipamento para o Laboratorio de Saúde Pública de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/4.

d) Prazo de execución/entrega: máximo 45 días desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 38000000-5 e 42931100-2.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-50 puntos

Lote 1

– Tecnoloxía e características construtivas......... (0-35) puntos.

– Modos de operación e interfaz de manexo...... (0-10) puntos.

– Adaptación ao servizo de destino..................... (0-5) puntos.

Lotes 2, 3, 4

– Tecnoloxía e características construtivas......... (0-30) puntos.

– Modos de operación e interfaz de manexo...... (0-15) puntos.

– Adaptación ao servizo de destino..................... (0-5) puntos.

0-50

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50 puntos

Oferta económica

0-40

Contrato de mantemento integral e garantía

0-6

Período de existencia de repostos

0-2

Formación

0-2

4. Valor estimado do contrato: 41.425 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 41.425 euros. Importe total: 50.124,25 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2. d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703-Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, si procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703-Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/s adxudicatario/s.

11. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2015

P.D. (Decreto 41/2013 e Orde 3.7.2009)
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos