Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 31 de agosto de 2015 Páx. 35279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación dun servizo de análise, avaliación e priorización da carteira de proxectos de I+D+i e elaboración de plans de desenvolvemento de produto, contratación documentalmente simplificada (expediente AB-CON1-15-026).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703-Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-CON1-15-026.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de análise, avaliación e priorización da carteira de proxectos de I+D+i e elaboración de plans de desenvolvemento de produto.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: será o ofertado polo adxudicatario e non poderá superar as 20 semanas desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 73200000-4.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntos

Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

0-50

Metodoloxía de traballo

0-20

Plan de xestión documental

0-15

Modelo de dirección, xestión e seguimento do servizo

0-7,5

Medidas de promoción e difusión

0-7,5

Criterios valorables automaticamente (sobre C)

0-50

Oferta económica

0-40

Número de perfís do equipo de traballo con grao de doutor

0-10

4. Valor estimado do contrato: 123.966 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 123.966 euros. Importe total: 149.998,86 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2.d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: trinta días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703-Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 4 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal:15703-Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/s adxudicatario/s.

11. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2015

P.S. (Acordo do 6.8.2015)
Paula Camba Loureda
Subdirectora xeral de Compras e Servizos