Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 31 de agosto de 2015 Páx. 35247

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (190/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 190/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Ramón Vilasuso Fernández contra a empresa Hipescar, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decisión:

Que estimando parcialmente a demanda interposta por Juan Ramón Vilasuso Fernández contra Hipescar, S.L. efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado pola mercantil demandada con efectos do 24 de xaneiro de 2015, e debo condenar e condeno a Hipescar, S.L. a que readmita inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza a razón de 50,5 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización de 10.700,68 euros por despedimento improcedente.

A opción polo empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días, contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario tivese optado entenderase que procede a readmisión.

2. Debo condenar e condeno a Hipescar, S.L. a que lle aboe ao demandante a suma de 10.445,60 euros en concepto de salarios debidos ata a data de efectos do despedimento, coa desagregación indicada no feito probado quinto desta resolución, máis os xuros do artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade, devindicados desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente sentenza, e os do artigo 576 da LAC a partir da data desta resolución; coa obriga de aboamento dos honorarios do letrado da parte demandante ata o límite máximo de 600 euros.

3. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2015

A secretaria xudicial