Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 31 de agosto de 2015 Páx. 35245

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1082/2014).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 1082/2014

Xulgado de orixe/autos: procedemento de oficio Autoridade Laboral 866/2013 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social

Recorridos: Inversiones Comodín, S.L., Laura Estela Ramírez Calderón, Rose Orobor, Luz Julieta Castaño Vargas, Noelia Muñoz Curras, Zury Edilma Benalcazar Paz

Avogados: María del Carmen Argiz Vilar, (…), (…), (…), (…), (…)

Procurador: Juan Antonio Garrido Pardo

Casación en unificación de doutrina: 332/2015 A

Parte recorrente: Tesouraría Xeral da Seguridade Social

Eu, José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1082/2014 desta sección, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Inversiones Comodín, S.L., Laura Estela Ramírez Calderón, Rose Orobor, Luz Julieta Castaño Vargas, Noelia Muñoz Curras, Zury Edilma Benalcazar Paz, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación do secretario xudicial José Andrés Salgado Fernández.

A Coruña, 11 de agosto de 2015.

O anterior escrito presentado pola letrada da Administración da Seguridade Social, en nome e representación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame, se o considera necesario, e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o designase.

Requírase a recorrente para que achegue, no momento de interposición do recurso, certificación da/s sentenza/s que invoca con expresión da súa firmeza.

Expídase edicto ao DOG para a notificación da presente a Laura Estela Ramírez Calderón, Rose Orobor, Luz Julieta Castaño Vargas e Zury Edilma Benalcazar Paz.

Así mesmo, comunícaselle á recorrente que non é necesario presentar o xustificante do ingreso das taxas xudiciais ao interpor o recurso, ao non estar suxeito ao seu pagamento o recurso de casación para unificación de doutrina, segundo interpretación vinculante da Axencia Tributaria (Consulta nº V3674-13).

Notifíqueselle ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo de que a parte contra a que se recorre se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asino. Dou fe.

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Laura Estela Ramírez Calderón, Rose Orobor, Luz Julieta Castaño Vargas e Zury Edilma Benalcazar Paz, en ignorado paradoiro, expido el presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de agosto de 2015

O secretario xudicial