Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 28 de agosto de 2015 Páx. 35152

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (191/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 191/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Riveiro González contra Dado Dadá, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2015.

Antecedentes de feito.

Primeiro. José María Riveiro González solicitou a execución da sentenza 448/2014, do 2 de outubro, ditada por este órgano xudicial no procedemento de despedimento 464/2014, parcialmente revogada por sentenza con data do 4 de xuño de 2015, ditada en suplicación pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra Dado Dadá, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial).

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O exercicio da potestade xurisdicional xulgando e facendo executar o xulgado correspóndelles exclusivamente aos xulgados e tribunais determinados nas leis e nos tratados internacionais (artigo 117 da CE e artigo 2 da Lei orgánica do poder xudicial (LOPX)).

O artigo 237.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS) establece que a execución de sentenzas firmes a levará a cabo o órgano xudicial que coñecese do asunto en instancia, polo que corresponde ao Xulgado do Social número 1 o despacho da execución deste título xudicial.

Segundo. A execución iniciarase por instancia de parte e, unha vez iniciada esta, tramitarase de oficio, ditándose para o efecto as resolucións necesarias (artigo 239 da LXS).

Terceiro. Transcorrido o termo establecido no artigo 279 da LXS, sen que conste que a empresa demandada procedese á readmisión do traballador no prazo e condicións legalmente previsto, corresponde, de conformidade co establecido no artigo 280 da LXS, despachar execución do resolto en sentenza e sinalar comparecencia a secretaria xudicial.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño:

– Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante José María Riveiro González contra Dado Dadá, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 da LXS, e conforme o solicitado na demanda executiva, a secretaria xudicial sinala a data para vista do incidente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e serán carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada-xuíza .

A secretaria xudicial.

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2015.

Presentada polo traballador José María Riveiro González a exixencia do cumprimento polo empresario Dado Dadá, S.L. da obriga de readmisión, e téndose despachado auto de execución de título xudicial, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e fágaselles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o vindeiro día 29 de setembro de 2015, ás 13.45 horas, para a realización da comparecencia.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, considerarase desistido na súa solicitude; de non o facer o empresario ou o seu representante, o acto terá lugar sen a súa presenza.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que ao xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a María Carmen Eijo Blanco, administradora da executada Dado Dadá, S.L., en ignorado paradoiro, e citación para incidente sinalado para o día 29 de setembro de 2015, ás 13.45 horas, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2015

A secretaria xudicial