Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 28 de agosto de 2015 Páx. 35155

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1110/2013).

Procedemento ordinario 1110/2013

Demandante: Pablo Blanco Romero

Graduada social: Mónica da Palma Sánchez

Demandadas: Grupo JCA Hormigones, S.A., Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1110/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Blanco Romero contra Grupo JCA Hormigones, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Pablo Blanco Romero contra Grupo JCA Hormigones, S.A., sobre ordinario, rexistrado co número 1110/2013, se acordou citar a Grupo JCA Hormigones, S.A., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas deste xulgado do social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas-CP 15707, o día 3.11.2015, ás 12.05 horas e ás 12.10 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión, e demais resolucións e documentos existentes no procedemento.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Grupo JCA Hormigones, S.A., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2015

A secretaria xudicial