Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 27 de agosto de 2015 Páx. 34966

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (143/2015).

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

Procedemento orixe: sobre medidas provisionais

Demandante: Olga María Corral del Prado

Procurador: Francisco Pérez Pérez

Avogada: María Belén Costoya Rodríguez

Demandado: Xacobe Xaime Barxa Fernández

Eu, Dolores Prieto Rascado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, neste procedemento de garda e alimentos 143/2015 se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

Vistos estes autos 143/2015 sobre petición de alimentos, garda e custodia, promovidos polo procurador Sr. Pérez en nome e representación de Olga María Corral del Prado, dirixida pola letrada Sra. Costoya contra Xacobe Xaime Barxa Fernández, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvo:

Acordo a adopción das seguintes medidas reguladoras da garda e custodia da menor Nerea Barxa Corral, así como a súa pensión de alimentos, e de Xacobe Barxa Corral:

1. Atribúeselle a garda e custodia da menor á nai.

2. Atribúeselle o exercicio exclusivo da patria potestade á nai.

3. Suspéndese o réxime de visitas, que queda ao arbitrio da menor dada a súa idade e a ausencia de relación co pai desde hai máis de tres anos.

4. En concepto de alimentos a favor dos fillos comúns establécese a obriga da nai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe o demandante, a suma de 400 euros (200 euros á súa filla menor de idade e 200 euros ao seu fillo maior de idade), que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa con data do 1 de xaneiro. Así mesmo, establécese a obriga de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro e o 50 % dos gastos extraordinarios, diferenciando entre os necesarios (aqueles sanitarios e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) e os non necesarios, será necesario o consentimento previo para estes últimos e non para os primeiros.

Non se lles impoñen as custas deste procedemento a ningunha das partes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal. Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da Lei de axuizamento civil, indícase que contra esta resolución cabe interpor, no prazo de vinte (20) días desde a notificación, recurso de apelación (artigo 457 e seguintes da LAC) ante este tribunal.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas e déixese testemuño suficiente en autos.

Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe.

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Xacobe Xaime Barxa Fernández, expídese este edicto para que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 5 de xuño de 2015

A secretaria xudicial